Colexio de mediadores A Coruña
Quen somos?
O Colexio de Mediadores de Seguros da Coruña é unha Corporación de Dereito Público, con personalidade xurídica e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins. Está integrado polos Mediadores de Seguros da Provincia que, voluntariamente incorporáronse, xa que desde a Lei 9/1992, do 30 de abril, a colexiación non é obrigatoria. Ostenta ademais, as facultades que lle recoñece a Lei e os Estatutos Xerais, coordinando a súa actuación no Consello Xeral.
“O colexio representa e defende os intereses profesionais dos seus colexiados”
Coñeces os principais servizos que tés por estar colexiado?
- Póliza Colectiva de Responsabilidade Civil para Axentes Exclusivos.
- Póliza Colectiva de Protección Xurídica.
- Asesoría Xurídica, Fiscal, Laboral e Contable.
- Servizo de dúbidas e consultas en PRL, Calidade, Medio, Responsabilidade Social, Axudas e subvencións.
- Plan de Formación Continua anual, enfocado ao cumprimento legal, con certificado de formación continua obrigatoria, para ti e os teus empregados.
- Campañas de fidelización, Promoción da imaxe do Mediador, Publicacións do sector.
- Axuda no proceso de inscrición como corredor #ante o órgano correspondente.
- Información actualizada de novidades do sector, lexislación legal, convenios e noticias de interese.
- Viveiro de Candidatos.
- Cesión da aula de Estudos do Colexio, cos medios técnicos dispoñibles, para reunións, actividades formativas e outros encontros empresariais.
- Contas de correo electrónico gratuítas a través do dominio colegiocoruna.org.
e as ventaxas?
- Externalización do Servizo de Atención ao Cliente (SAC) para corredores e corredurías colexiados.
- Cursos de formación inicial, de habilidades y de especialización para el ejercicio de la profesión.
- Convenios y acuerdos con descuentos con empresas aseguradoras, tecnológicas, legal…
O noso equipo · Xunta de goberno

Juan Manuel Sánchez-Albornoz Gómez
Presidente

Marcos Carreira Mella
Vicepresidente

José Ramón Cobián Rodríguez
Tesoureiro

Carmen Aradas Martín
Secretaria

Dimas Suarez Barros
Vogal

Germán Ortega Naveira
Vogal

Javier Bermejo Blanco
Vogal

Óscar Golán Torres
Vogal
Colaboracións



















Estou encantado cos servizos realizados polo colexio. Un traballo ben feito
Manuel
Mediador
A mellor forma de estar ao tanto en noticias e tecnoloxías relacionadas.
Javier
Mediador